viernes, 8 de mayo de 2020

MÚSICA

Bo día,
Xa é venres... para hoxe propoñémosvos unha actividade musical, un baile e ioga para relaxarse un pouco. Desfrutade!




Na páxina web do cole, no apartado de Orientación temos novidades: "Diario dun emocionante supervivente". Deixámosvos o enlace aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/taxonomy/term/32

lunes, 4 de mayo de 2020

OS ANIMAIS



Esta semana deixámosvos unhas fichas de animais que seguro que vos gustan máis, verdade?? Lembrade que hai que colorear os debuxiños... 
ahhh!! e non vos saiades.

OS ANIMAIS



sábado, 2 de mayo de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. 

O Departamento de Orientación invítanos a ver uns vídeos moi curtiños para que reflexionemos sobre o tema.



Os/as nenos e nenas de EI REXEITAMOS o ACOSO ESCOLAR

jueves, 30 de abril de 2020

LÓXICA MATEMÁTICA 6º EI (5 ANOS)

PSICOMOTRICIDADE

Proposta 1. “Sigo as liñas de cores”

Precisamos: cinta adhesiva de cores ou xices.

Polos pasillos da nosa casa imos colocando liñas polo chan pegando cinta adhesiva de cores e creando así diferentes percorridos, introducindo pequenas dificultades como curvas e ángulos. Unha vez os teñamos montados, ensinámosllos ó noso neno/a indicándolle que debe camiñar por enriba deles sen pisar fóra das liñas e seguindo cada cor. Intentaremos que a segunda vez o faga un pouquiño máis rápido, e a terceira un pouco máis. Fixádevos en que non pise fóra da liña. Completamos a tarefa, realizando o percorrido marcha atrás, ou pasando dunhas liñas a outras baixo a nosa orde, marcando tempos de remate e facendo así apurar o paso.


Proposta 2. “Tapóns a remollo”


Precisamos: Un balde, auga , moitas tapas e tapóns de diferentes tamaños e formas, un par de depresores (ou garfos).

Nun balde botamos auga, e tiramos a remollo as tapas e tapóns. O neno/a deberaos retirar da auga coa axuda de dous depresores. Canta máis variedade haxa de formas mellor para complicar a tarefa un pouco.


Proposta 3. “Ata a meta”

Precisamos: plastilina ou cinta adhesiva, un pelota pequena sen demasiado peso e unha palliña de beber.

Nunha superficie lisa, sen pendentes, reservamos un anaco. Collemos un cachiño de plastilina e axudamos ó neno/a a facer “churros”. Cando teñamos unha cantidade xeitosa, o adulto deseña un pequeno circuíto, que inclúa curvas dándolle ó sendeiro diferentes direccións (vale parecido ó do modelo). A idea é que o neno/a sexa capaz de levar a pelota dándolle pulos cos seus sopridos a través da palliña ata a meta. Ó principio vailles custar moito, pero pouco a pouco irán controlando a intensidade de sopro e movendo a palliña para darlle direccionalidade. Se ó cabo dun anaco e tras recibir axuda do adulto, segue sen avanzar na tarefa, deixamos a palliña, e levamos a pelota dándolle pequenos impulsos co dedo.