viernes, 22 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e para conmemoralo asistimos ao espectáculo do Mago Paco "A maxia está nos contos" convidados pola Biblioteca Municipal.
A festa non rematou aquí, xa que os/as nosos/as compañeiros/as de sexto andiveron argallando durante semanas para sorprendernos con un marabilloso contacontos. Ademais, a nosa mascota Cusco, deixounos/as encargados/as de nomear aos finalistas do Slogan de Lectura e de repartir o seu agasallo para cada un/unha de nós. Grazas Cusco!!