lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

#sementesmáxicas#díadapaz#escolarural

A COMPOSTAXE

 O pasado venres, Ángel da Asociación EuroEume, explicounos como se separan os residuos e tamén como podemos reducilos. 

A próxima semana, os/as maiores do cole coa axuda de Ángel montarán un composteiro, o cal nos agasallou o noso Concello.
#medioambiente#compostaxe#escolarural

lunes, 16 de enero de 2023

NATURÉZATE

O pasado venres 13 de xaneiro tivemos un obradoiro de estampación de follas da nosa contorna. Esta actividade está relacionada co PDI do noso centro: "Coñece a túa contorna" e enmarcada dentro do Proxecto Naturézate da Consellería de Medio Ambiente. Ademais de aprender moito decoramos unhas bolsas de tea que nos quedaron xenial!