martes, 31 de marzo de 2020

CONTO: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Ola!
Esta semana propoñémosvos un conto que todas e todos coñecedes moi ben "Unha eiruga moi larpeira". Consiste en recortar os días da semana e ir pegándoos onde corresponda, os que xa sabedes escribir podedes escribilos en vez de recortar e pegar ou facer das dúas maneiras. Lembrade colorear os debuxos.
Agardamos que vos guste!



domingo, 29 de marzo de 2020

viernes, 27 de marzo de 2020

Lectoescritura e Lóxica-Matemática para 6º de EI (5 anos)

Aquí deixamos algunhas fichas máis para @s nen@s máis traballador@s do cole... (é voluntario)










ENLACES AOS BLOGUES DE RELIXIÓN, PT, AL, EF E ORIENTACIÓN

Deixámosvos os enlaces aos blogues de Orientación, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Relixión nos que podedes atopar unha gran variedade de xogos, consellos e outras actividades para estes días.

- PT

- AL

domingo, 22 de marzo de 2020

ENGLISH!

Non vos esquezades de visitar o blogue da profe Sandra que ten moitas cancións e xogos!

sábado, 21 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de mestres e mestras sen ánimo de lucro que ante esta situación de illamento provocada polo coronavirus ofrecen unha axuda educativa á sociedade. Neste portal podemos atopar diversos materiais clasificados por nivel académico e materia.

Fai click aquí para entrar: AULAS GALEGAS

viernes, 20 de marzo de 2020

AbalarMóbil

Aquí deixamos de novo os pasos para descargar a aplicación AbalarMóbil e seguir así en contacto co profesorado estes días de illamento.