jueves, 30 de abril de 2020

LÓXICA MATEMÁTICA 6º EI (5 ANOS)

PSICOMOTRICIDADE

Proposta 1. “Sigo as liñas de cores”

Precisamos: cinta adhesiva de cores ou xices.

Polos pasillos da nosa casa imos colocando liñas polo chan pegando cinta adhesiva de cores e creando así diferentes percorridos, introducindo pequenas dificultades como curvas e ángulos. Unha vez os teñamos montados, ensinámosllos ó noso neno/a indicándolle que debe camiñar por enriba deles sen pisar fóra das liñas e seguindo cada cor. Intentaremos que a segunda vez o faga un pouquiño máis rápido, e a terceira un pouco máis. Fixádevos en que non pise fóra da liña. Completamos a tarefa, realizando o percorrido marcha atrás, ou pasando dunhas liñas a outras baixo a nosa orde, marcando tempos de remate e facendo así apurar o paso.


Proposta 2. “Tapóns a remollo”


Precisamos: Un balde, auga , moitas tapas e tapóns de diferentes tamaños e formas, un par de depresores (ou garfos).

Nun balde botamos auga, e tiramos a remollo as tapas e tapóns. O neno/a deberaos retirar da auga coa axuda de dous depresores. Canta máis variedade haxa de formas mellor para complicar a tarefa un pouco.


Proposta 3. “Ata a meta”

Precisamos: plastilina ou cinta adhesiva, un pelota pequena sen demasiado peso e unha palliña de beber.

Nunha superficie lisa, sen pendentes, reservamos un anaco. Collemos un cachiño de plastilina e axudamos ó neno/a a facer “churros”. Cando teñamos unha cantidade xeitosa, o adulto deseña un pequeno circuíto, que inclúa curvas dándolle ó sendeiro diferentes direccións (vale parecido ó do modelo). A idea é que o neno/a sexa capaz de levar a pelota dándolle pulos cos seus sopridos a través da palliña ata a meta. Ó principio vailles custar moito, pero pouco a pouco irán controlando a intensidade de sopro e movendo a palliña para darlle direccionalidade. Se ó cabo dun anaco e tras recibir axuda do adulto, segue sen avanzar na tarefa, deixamos a palliña, e levamos a pelota dándolle pequenos impulsos co dedo.

martes, 28 de abril de 2020

Audición e Linguaxe - Profe Sandra

Ola nenos e nenas de infantil!

No enlace que atopades abaixo, poderedes ver diferentes rimas. Anímovos a cantalas, practicar os movementos ao tempo que as decides en alto e, se queredes ou vos apetece, podedes enviarme un vídeo voso practicándoas.

lunes, 27 de abril de 2020

CONTO: O Cascabel da gata

Bos días,
Xa queda un pouquiño menos para volver a vernos... Ánimo chic@s!!
Esta semana, o conto que imos traballar é "O Cascabel da gata":
   - 1º.- Recortamos o puzzle e pegámolo onde se indica.
   - 2º.- Recortamos as palabras e con elas formamos o título do conto e a continuación poñémoslle o nome correspondente a cada elemento.
   - 3º.- Finalmente, debuxamos a Benita.
              Conto: O Cascabel da gata

Agardamos que vos guste!

miércoles, 15 de abril de 2020

TODO VAI SAÍR BEN!

COMEZAN A CHEGARNOS ARCOS DA VELLA... 
ESTADES TOD@S MOI GUAP@S! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!







GRAZAS POR PARTICIPAR!


CONTINUAMOS COA LECTURA - 6º EI (5 ANOS)

Bos días familias, nenas e nenos!

Estas fichas de lectura son voluntarias e para ir lendo pouco a pouco. Se non sae, non pasa nada. O importante é non agobiarse e ir despertando gusto, interese e curiosidade pola lectura.

Un abrazo enorme para tod@s.