O venres pasado tivemos unha visita moi especial. Leyre, a nosa compañeira de 4° de Ed. Primaria, apareceu na nosa clase cunha mochila moooi grande. Non tíñamos nin idea do que había alí dentro, así que Leyre abriuna e... atopamos un instrumento musical enorme. Custounos un pouco averiguar o seu nome, aínda que a nosa compañeira deunos moitas pistas :-) Ademáis de tocarnos unha cancion preciosa, tamén nos explicou as partes do Violonchelo. Grazas Leyre!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario