sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO - Visita de Charo Pita

Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO recibimos no noso cole a Charo Pita, autora do conto que estas semanas estivemos traballando na aula. Ademais do conto de "Grazas" tamén  nos engaiolou con "Baby Pop" e "Polo Camiño", os cales nos narrou cantando coa súa marabillosa voz. Quedamos abraiados!

 Grazas Charo, por compartir a mañá con nós!

Lembrade visitar o BLOGUE DA BIBLIO

FELIZ DÍA DO LIBRO

jueves, 7 de abril de 2022

BÚSQUEDA E RESCATE

Hoxe no cole coñecemos a Arnold, Thor e Anka, tres cans cos que traballa a unidade de rescate Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA). Antes de que nos demostraran todo o que son capaces de facer estes canciños recibimos unhas nocións básicas e uns consellos para coidar ben as nosas mascotas.

viernes, 1 de abril de 2022

2 DE ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Ler é liberdade. Ler é respirar.

Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.

Ler permítelle ao teu espírito soñar.

Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.

A plenitude do teu universo só medra cando les.

As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.

As historias son menciña. Curan. Reconfortan.

Inspiran. Ensinan.

Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.

Mahsi cho. Moitas grazas.

RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO 

No noso cole para conmemorar este día elaboramos unhas fermosas vidreiras para as bibliotecas. Aquí vos deixamos unha imaxe das nosas: O parruliño feo e Brancaneves.