lunes, 13 de noviembre de 2023

XOGOS COOPERATIVOS


O luns 13 de novembro, un grupo de nenos e nenas de 6° de EP, ensináronnos a xogar a uns xogos moi divertidos e cos cales aprendemos moito. Xa nos tarda repetir, agardámosvos ;-)

miércoles, 8 de noviembre de 2023

SAÍDA A FERROL - AFUNDACIÓN ABANCA

VAIA RITMO!
Hoxe pasamos unha mañá moi divertida con Odaiko Percussion Group. Cos seus ritmos bailamos, saltamos, rimos... foi un concerto con melodías cheas de ritmo no que desfrutamos moito 𝆕𝆕𝆕

lunes, 30 de octubre de 2023

SAMAÍN E MAGOSTO

Moitas grazas a todas as familias por participar no concurso-exposición de cabazas. Quedaron xenial :-)
Pasámolo moi ben!
E rematamos o día degustando estas galletas terroríficas...😋

jueves, 26 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS


Grazas a todos/as os/as nenos/as por participar no concurso-expoción de Slogans de Lectura e Noraboa a Martina e Sabela.

lunes, 23 de octubre de 2023

CONTACONTOS NA CASA DA CULTURA

 Conmemoración Día das Bibliotecas
A Biblioteca Municipal da Capela convídanos ao contacontos "A maleta da avoa" a cargo de Raquel Queizás.

lunes, 2 de octubre de 2023

O MAGO PACO

 UNHA MAXIA DIFERENTE
Espectáculo de maxia na Casa da Cultura, convidados pola Biblioteca Municipal.

viernes, 23 de junio de 2023

viernes, 16 de junio de 2023

miércoles, 24 de mayo de 2023

GAÑADORAS DO III CONCURSO DE DEBUXO

 As nosas compañeiras Tamara e Leila foron galardoadas no III Concurso de Debuxo convocado pola Asociación Cabanas Rural. Os nosos parabéns tanto para as gañadoras como para todos e todas os/as participantes polos seus debuxos.

miércoles, 3 de mayo de 2023

EduCANdo con Malibú

O pasado xoves 27 de abril visitounos Malibú, unha cadeliña moi boíña que nos ensinou a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais.

NINGÚN CAN SEN FOGAR

sábado, 22 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

A escritora Ana Meilán visita o noso cole.
Contos, agasallos e moita diversión da súa man.
Despois firma de libros.
Graciñas Ana, o alumnado pasouno en grande coas túas historias.
#anameilán#díadolibro#bescolaresgal

viernes, 31 de marzo de 2023

EXCURSIÓN A FERROL

O xoves 30 de marzo visitamos a lonxa e o Porto Interior de Ferrol. Alí, ensináronnos a gran variedade de peixes que pescan na Ría e tamén visitamos o interior do recinto portuario, onde puidemos ver actividades de carga e descarga, a maquinaria coa que se fan estas operacións e mesmo un mercante chegando ao peirao. Alén disto, dous  axentes da Autoridade Portuaria amosáronnos o Centro de Coordinación e Servizos, dende onde controlan todo o que pasa no Porto Interior e Exterior, por mar e por terra... teñen todo vixiado!
E antes de rematar, chegou o momento máis agardado por todas e todos... a viaxe en barco. O "Rías Altas Un" esperábanos para facer un percorrido pola Ría e ver dende preto o Porto de Mugardos, o Castelo da Palma, o Porto Exterior, o Castelo de San Felipe e a Base Naval da Graña. Dende logo, unha excursión inesquecible!




PASÁMOLO XENIAAAL!!!!

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

#sementesmáxicas#díadapaz#escolarural

A COMPOSTAXE

 O pasado venres, Ángel da Asociación EuroEume, explicounos como se separan os residuos e tamén como podemos reducilos. 

A próxima semana, os/as maiores do cole coa axuda de Ángel montarán un composteiro, o cal nos agasallou o noso Concello.
#medioambiente#compostaxe#escolarural

lunes, 16 de enero de 2023

NATURÉZATE

O pasado venres 13 de xaneiro tivemos un obradoiro de estampación de follas da nosa contorna. Esta actividade está relacionada co PDI do noso centro: "Coñece a túa contorna" e enmarcada dentro do Proxecto Naturézate da Consellería de Medio Ambiente. Ademais de aprender moito decoramos unhas bolsas de tea que nos quedaron xenial!