miércoles, 24 de abril de 2024

23 DE ABRIL

 Con motivo do día do libro, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria, fixemos un obradoiro de arte, inspirado nunha das propostas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, talleres con arte".

"Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros." Nesta ocasión tocounos acercarnos ao mundo da arte da man de Hervé Tullet.







Así de chulo nos quedou o mural que resultou da proposta que lles fixemos!



BOOKTRAILERS

 O prometido é débeda.

AQUÍ podedes ver o traballo dos nosos peques cos contos de Estefanía Padullés que traballamos para conmemorar o día do Libro.

lunes, 22 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro, recibimos  a visita de Estefanía Padullés, que nos contou o conto "Que mal día gato Klops" ao tempo que o debuxaba. Alucinamos co rápido e ben que facía cada unha das personaxes.





Tamén nos asinou os nosos libros, que ilusión nos fixo!!



Nós tamén traballamos co conto do gato Klops e practicamos moito para debuxar tan ben como Estefanía padullés. 




Algo andivemos argallando....








Non deixedes de visitar o blogue da biblio porque Cusco está a punto de ensinarvos o resultado de todo o proceso...


PRÓXIMAMENTE:

https://bibliotecadecusco.blogspot.com/


viernes, 5 de abril de 2024

CUMPLES SEGUNDO TRIMESTRE

 PARABÉNS



EXCURSIÓN A CEDEIRA

 


DÍA DA ÁRBORE

 O 21 de marzo para conmemorar o día da árbore contamos coa visita dos axentes forestais, dos que aprendemos un montón de cousas. Tamén plantamos unha árbore nova no noso patio.






INVERNO


MESA SENSORIAL E DE EXPERIMENTACIÓN

 






EXPERIMENTAMOS COAS CORES DO INVERNO



CONTAMOS, SUMAMOS E SEGUIMOS OS TRAZOS



SEMANA DA PRENSA E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Do 2 ao 8 de marzo, traballamos con xornais na aula para conmemorar a Semana da Prensa. Buscamos novas relacionadas con deportistas, e fixemos un mural para conmemorar o 8M.

Tamén empregamos recortes de xornais para decorar a inicial do noso nome.



DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Acompañamos aos nenos e nenas do primeiro ciclo que recitaron o poema "Adiós ríos, adiós fuentes", con imaxes do poema, mirade que bonito nos quedou!




viernes, 16 de febrero de 2024

ENTROIDO

 Ao longo da semana de Entroido, o Meco foi facendo das súas cos seus mandados...

E nós, que somos moi mandadiños/as, fomos cumplindo o que nos pedía cada día...




Para ir moi guapos e guapas co noso disfraz de estreliña de mar, tocounos traballar duro durante toda a semana:


👉 FIXEMOS CHURROS E PINTAMOS AS BOLIÑAS PARA FACER AS VENTOSAS DO NOSO DISFRAZ:




👉 COSEMOS OS NOSOS GORROS PARA QUE NOS QUEDARAN BEN BONITOS:







👉 E ATA FIXEMOS UNHAS PULSERAS PARA COMPLETAR O NOSO DISFRAZ


🎊🎊🎊🎊🎊🎊ASÍ DE GUAPOS E GUAPAS FOMOS A CELEBRAR O ENTROIDO COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DO COLE🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉








miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ


Con estos adornos tan chulos que decoramos nas nosas casas, adornamos a ÁRBORE DA PAZ, quedounos mui chula!!



XOGOS COOPERATIVOS

Realizamos tamén diferentes xogos para o que tivemos que aprender a coordinarnos e xogar en equipo. 

Pasámolo XENIAL