viernes, 25 de noviembre de 2022

DÍA CONTRA A VIOLENCIA

 #25denovembro#obradoirodeflores#ocoledacapelamola
Moitas grazas á Asociación Cabanas Rural por ensinarnos a facer estas flores tan bonitas!

viernes, 11 de noviembre de 2022

DÍA DO PEÓN

Hoxe celebramos na nosa escola unha nova edición do Día do Peón. 
Bailamos, cantamos, xogamos...
 E os peóns e bailaretes non pararon de xirar e xirar...

Polo San Martiño, trompos ao camiño.
Polo San Antón, trompos ao caixón.
Pola Santa Olalla, trompos á borralla.
Polo San Amaro, trompos ao faiado.
Polo San Martiño buxainziño, baila o peón no camiño.
Coa miña buxaina... baila, baila, baila.
E a miña piola... ola, ola, ola.
Chámanme os/as rapaces e rapazas o rei/a raíña da escola...

viernes, 28 de octubre de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

PREMIO POR ELABORAR AS CABAZAS MÁIS ORIXINAIS. NORABOA!
GRACIÑAS POR PARTICIPAR NO CONCURSO DE CABAZAS.

jueves, 30 de junio de 2022

BO VERÁN!


É O MOMENTO DE DESCANSAR E DESFRUTAR MOITO DAS VACACIÓNS!

NÓS ESTARÉMOSVOS AGARDANDO EN SETEMBRO CON TODO PREPARADO 😃 !

miércoles, 22 de junio de 2022

lunes, 20 de junio de 2022

VISITA Á GRANXA ESCOLA BELELLE

Xornada inesquecible na Granxa Escola Belelle!

Mágoa que o tempo non nos acompañou... :-(

Pero desfrutamos moito :-)

viernes, 27 de mayo de 2022

MULLERES EMPODERADAS

Hoxe tivemos a primeira sesión do obradoiro "DE MAIOR QUERO SER COMA TI: LIBRE", no cal traballamos o conto de Frida Kahlo. Esta actividade enmárcase dentro do Pacto Contra a Violencia de Xénero e está organizada polo Concello da Capela.

EXPOSICIÓN INDÓMITAS

 Unha mañá diferente! 

Excursión Afundación Abanca

sábado, 14 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas tivemos diversas actividades durante estes días: 
  • O xoves, visitou o noso cole Polo Correo do Vento, para ofrecernos un contacontos ilustrado e musicado sobre Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adican este ano o Día das Letras Galegas. 
  • O venres, a Biblioteca Municipal da Capela convidounos a un contacontos a cargo de Marisa Irimia "Centacontos centapés" e de volta á escola agardábanos Airiños da Capela para acompañarnos con gaita e pandeireta no noso baile da Muiñeira de Chantada. Todo un éxito...😀!! Tamén os/as nosos/as compañeiros/as do cole nos ensinaron o ben que tocan a gaita, acordeón, batería e o tamboril. Vaia profesionais... Noraboa compis!!! 



jueves, 12 de mayo de 2022

O NOSO HORTO

 Estes días andivemos plantando: leitugas, cenorias, amorodos, tomates, pementos e cebolas.


E tamén probamos os dous primeiros amorodos que saíron das amorodeiras que plantaron os/as nosos/as compañeiros/as de 3º e 4º de E.P. 😋😋 

domingo, 8 de mayo de 2022

PROGRAMA CONVIVE-T

O pasado martes, Virginia e o extraterrestre Basilio ensináronnos a recoñecer e diferenciar as emocións, para que así poidamos entender o que nos pasa en cada ocasión e tamén poder expresar como nos sentimos nós mesmos e como se senten os/as nosos/as compañeiros/as.
 

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO - Visita de Charo Pita

Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO recibimos no noso cole a Charo Pita, autora do conto que estas semanas estivemos traballando na aula. Ademais do conto de "Grazas" tamén  nos engaiolou con "Baby Pop" e "Polo Camiño", os cales nos narrou cantando coa súa marabillosa voz. Quedamos abraiados!

 Grazas Charo, por compartir a mañá con nós!

Lembrade visitar o BLOGUE DA BIBLIO

FELIZ DÍA DO LIBRO

jueves, 7 de abril de 2022

BÚSQUEDA E RESCATE

Hoxe no cole coñecemos a Arnold, Thor e Anka, tres cans cos que traballa a unidade de rescate Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA). Antes de que nos demostraran todo o que son capaces de facer estes canciños recibimos unhas nocións básicas e uns consellos para coidar ben as nosas mascotas.

viernes, 1 de abril de 2022

2 DE ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Ler é liberdade. Ler é respirar.

Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.

Ler permítelle ao teu espírito soñar.

Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.

A plenitude do teu universo só medra cando les.

As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.

As historias son menciña. Curan. Reconfortan.

Inspiran. Ensinan.

Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.

Mahsi cho. Moitas grazas.

RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO 

No noso cole para conmemorar este día elaboramos unhas fermosas vidreiras para as bibliotecas. Aquí vos deixamos unha imaxe das nosas: O parruliño feo e Brancaneves.