PARABÉNS
viernes, 5 de abril de 2024
DÍA DA ÁRBORE
O 21 de marzo para conmemorar o día da árbore contamos coa visita dos axentes forestais, dos que aprendemos un montón de cousas. Tamén plantamos unha árbore nova no noso patio.
SEMANA DA PRENSA E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Do 2 ao 8 de marzo, traballamos con xornais na aula para conmemorar a Semana da Prensa. Buscamos novas relacionadas con deportistas, e fixemos un mural para conmemorar o 8M.
Tamén empregamos recortes de xornais para decorar a inicial do noso nome.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Acompañamos aos nenos e nenas do primeiro ciclo que recitaron o poema "Adiós ríos, adiós fuentes", con imaxes do poema, mirade que bonito nos quedou!
viernes, 16 de febrero de 2024
ENTROIDO
Ao longo da semana de Entroido, o Meco foi facendo das súas cos seus mandados...
E nós, que somos moi mandadiños/as, fomos cumplindo o que nos pedía cada día...
Para ir moi guapos e guapas co noso disfraz de estreliña de mar, tocounos traballar duro durante toda a semana:
👉 FIXEMOS CHURROS E PINTAMOS AS BOLIÑAS PARA FACER AS VENTOSAS DO NOSO DISFRAZ:




















