Para celebrar o Día das Letras Galegas tivemos diversas actividades durante estes días:
- O xoves, visitou o noso cole Polo Correo do Vento, para ofrecernos un contacontos ilustrado e musicado sobre Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adican este ano o Día das Letras Galegas.
- O venres, a Biblioteca Municipal da Capela convidounos a un contacontos a cargo de Marisa Irimia "Centacontos centapés" e de volta á escola agardábanos Airiños da Capela para acompañarnos con gaita e pandeireta no noso baile da Muiñeira de Chantada. Todo un éxito...😀!! Tamén os/as nosos/as compañeiros/as do cole nos ensinaron o ben que tocan a gaita, acordeón, batería e o tamboril. Vaia profesionais... Noraboa compis!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario