jueves, 30 de abril de 2020
PSICOMOTRICIDADE
Proposta 1. “Sigo as liñas de cores”
Polos pasillos da
nosa casa imos colocando liñas polo chan pegando cinta adhesiva de cores e creando
así diferentes percorridos, introducindo pequenas dificultades como curvas e
ángulos. Unha vez os teñamos montados, ensinámosllos ó noso neno/a indicándolle
que debe camiñar por enriba deles sen pisar fóra das liñas e seguindo cada cor.
Intentaremos que a segunda vez o faga un pouquiño máis rápido, e a terceira un
pouco máis. Fixádevos en que non pise fóra da liña. Completamos a tarefa,
realizando o percorrido marcha atrás, ou pasando dunhas liñas a outras baixo a
nosa orde, marcando tempos de remate e facendo así apurar o paso.
Nunha
superficie lisa, sen pendentes, reservamos un anaco. Collemos un cachiño de
plastilina e axudamos ó neno/a a facer “churros”. Cando teñamos unha cantidade
xeitosa, o adulto deseña un pequeno circuíto, que inclúa curvas dándolle ó
sendeiro diferentes direccións (vale parecido ó do modelo). A idea é que o
neno/a sexa capaz de levar a pelota dándolle pulos cos seus sopridos a través
da palliña ata a meta. Ó principio vailles custar moito, pero pouco a pouco
irán controlando a intensidade de sopro e movendo a palliña para darlle
direccionalidade. Se ó cabo dun anaco e tras recibir axuda do adulto, segue sen
avanzar na tarefa, deixamos a palliña, e levamos a pelota dándolle pequenos
impulsos co dedo.
Precisamos:
cinta adhesiva de cores ou xices.

Precisamos: Un balde,
auga , moitas tapas e tapóns de diferentes tamaños e formas, un par de
depresores (ou garfos).
Nun balde botamos
auga, e tiramos a remollo as tapas e tapóns. O neno/a deberaos retirar da auga
coa axuda de dous depresores. Canta máis variedade haxa de formas mellor para
complicar a tarefa un pouco.
Proposta 3. “Ata a meta”
Precisamos: plastilina
ou cinta adhesiva, un pelota pequena sen demasiado peso e unha palliña de
beber.

martes, 28 de abril de 2020
Audición e Linguaxe - Profe Sandra
Ola nenos e nenas de infantil!
No enlace que atopades abaixo, poderedes ver diferentes rimas. Anímovos a cantalas, practicar os movementos ao tempo que as decides en alto e, se queredes ou vos apetece, podedes enviarme un vídeo voso practicándoas.
lunes, 27 de abril de 2020
CONTO: O Cascabel da gata
Bos días,
Xa queda un pouquiño menos para volver a vernos... Ánimo chic@s!!
Esta semana, o conto que imos traballar é "O Cascabel da gata":
- 1º.- Recortamos o puzzle e pegámolo onde se indica.
- 2º.- Recortamos as palabras e con elas formamos o título do conto e a continuación poñémoslle o nome correspondente a cada elemento.
- 3º.- Finalmente, debuxamos a Benita.
Conto: O Cascabel da gata
Agardamos que vos guste!
domingo, 26 de abril de 2020
sábado, 25 de abril de 2020
jueves, 23 de abril de 2020
sábado, 18 de abril de 2020
TRABALLAMOS A LATERALIDADE
O profe Iván déixavos un vídeo moi sencilliño para traballar a lateralidade.
miércoles, 15 de abril de 2020
TODO VAI SAÍR BEN!
COMEZAN A CHEGARNOS ARCOS DA VELLA...
ESTADES TOD@S MOI GUAP@S! BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS!
GRAZAS POR PARTICIPAR!
CONTINUAMOS COA LECTURA - 6º EI (5 ANOS)
Bos días familias, nenas e nenos!
Estas fichas de lectura son voluntarias e para ir lendo pouco a pouco. Se non sae, non pasa nada. O importante é non agobiarse e ir despertando gusto, interese e curiosidade pola lectura.
Un abrazo enorme para tod@s.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)