jueves, 11 de diciembre de 2025

VISITA SORPRESA!

Estábamos traballando tranquilamente. . . cando de repente. . . aparece na nosa clase o Grinch 😱 Fíxonos un experimento, co cal aprendemos a que hai que lavar moi ben as mans con auga e xabón para previr os virus. . . e antes de marchar agasallounos cuns caramelos 😋

martes, 2 de diciembre de 2025

ALADOS MEDIOAMBIENTE

Hoxe estivo no noso cole Tamara, da Asociación Alados Medioambiente, para realizar un obradoiro sobre aves rapaces nocturnas. Con esta actividade, impulsada pola Deputación da Coruña, aprendemos a identificar a cada unha destas aves, as súas características, os perigos aos que se enfrontan no medio natural...