viernes, 31 de marzo de 2023

EXCURSIÓN A FERROL

O xoves 30 de marzo visitamos a lonxa e o Porto Interior de Ferrol. Alí, ensináronnos a gran variedade de peixes que pescan na Ría e tamén visitamos o interior do recinto portuario, onde puidemos ver actividades de carga e descarga, a maquinaria coa que se fan estas operacións e mesmo un mercante chegando ao peirao. Alén disto, dous  axentes da Autoridade Portuaria amosáronnos o Centro de Coordinación e Servizos, dende onde controlan todo o que pasa no Porto Interior e Exterior, por mar e por terra... teñen todo vixiado!
E antes de rematar, chegou o momento máis agardado por todas e todos... a viaxe en barco. O "Rías Altas Un" esperábanos para facer un percorrido pola Ría e ver dende preto o Porto de Mugardos, o Castelo da Palma, o Porto Exterior, o Castelo de San Felipe e a Base Naval da Graña. Dende logo, unha excursión inesquecible!




PASÁMOLO XENIAAAL!!!!