O 15 de maio é o día da familia, este ano decidimos conmemoralo partindo do conto " Un puñado de botóns", no que fala dos diferentes tipos de familia e o que as fai especiais!
CEIP PLURILINGÜE MOSTEIRO DE CAAVEIRO EDUCACIÓN INFANTIL
jueves, 16 de mayo de 2024
miércoles, 24 de abril de 2024
23 DE ABRIL
Con motivo do día do libro, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria, fixemos un obradoiro de arte, inspirado nunha das propostas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, talleres con arte".
"Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros." Nesta ocasión tocounos acercarnos ao mundo da arte da man de Hervé Tullet.
BOOKTRAILERS
O prometido é débeda.
AQUÍ podedes ver o traballo dos nosos peques cos contos de Estefanía Padullés que traballamos para conmemorar o día do Libro.
lunes, 22 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
Con motivo do día do libro, recibimos a visita de Estefanía Padullés, que nos contou o conto "Que mal día gato Klops" ao tempo que o debuxaba. Alucinamos co rápido e ben que facía cada unha das personaxes.
Nós tamén traballamos co conto do gato Klops e practicamos moito para debuxar tan ben como Estefanía padullés.
Non deixedes de visitar o blogue da biblio porque Cusco está a punto de ensinarvos o resultado de todo o proceso...
PRÓXIMAMENTE:
https://bibliotecadecusco.blogspot.com/
viernes, 5 de abril de 2024
DÍA DA ÁRBORE
O 21 de marzo para conmemorar o día da árbore contamos coa visita dos axentes forestais, dos que aprendemos un montón de cousas. Tamén plantamos unha árbore nova no noso patio.